top of page

PROCESO

 Aquí tes a explicación de todas as actividades que podes levar a cabo para coñecer máis a nosa contorna mariña

Vocabulario Marítimo

A realización da seguinte actividade poderíase propoñer na materia de Ciencias da Natureza. Creada con educaplay, o destinatario diana podería ser o alumnado de 4º de Educación Primaria. A tarefa consiste nunha ruleta de palabras onde as e os escolares coñecerán 23 conceptos vencellados ao universo mariño. Contando cun máximo de 10 intentos e un tempo límite de 7 minutos por cada tentativa, proporciónanse imaxes, unha para cada palabra, que axudarán a identificar todo o vocabulario marítimo proposto.

​

Seredes capaces de completar toda a rosca ou teredes que dicir 

" pasapalabra"?

Peixes da Costa Galega

Na materia de Ciencias da Natureza, imos propoñerlle ao alumnado do cuarto curso de Educación Primaria a seguinte actividade creada con educaplay consistente nunha sopa de letras que contén en diversas posicións 10 nomes de peixes da costa galega co obxecto de que os escolares tomen conciencia da existencia desas especies e as coñezan.

​

¿Seredes capaces de atopar todos os peixes?

Especies Mariñas

 En relación á materia de Ciencias da Natureza propoñemos unha actividade creada con Wordwall ao alumnado de cuarto curso de Educación Primaria consistente nunha especie de laberinto no que serán perseguidos mentres teñen que avanzar cara a resposta correcta das diversas preguntas que se lles ofrecen. O tema a tratar serían as especies mariñas da costas galegas.

​

Seredes capaces de rematar a experiencia con todas as vidas?

bottom of page